Ciclistas do IES Marco do Camballón / Vila de Cruces

terça-feira, outubro 10, 2006

Precaución, colega!

CONSELLOS ÚTILES PARA ANDAR EN BICICLETA

1- Usa sempre casco

O casco absorbe grande parte dos impactos na cabeza. Convén aguantar con el posto mesmo nos días de calor.

Non é certo que co casco aumente a posibilidade de que os homes se queden calvos. E aínda que fose certo, é mellor ficar calvo que chimparse de cabeza contra o asfalto e romper a cabeciña..

2. PROCURA SAÍR EN GRUPO

Ten moitas ventaxas saír en grupo: A primeira é que ante calquera accidente ou avaría podédesvos axudar entre vós. A segunda é que o condutor adoita ver mellor e respectar máis os grupos de ciclistas que ciclistas soltos.A terceira é que, ante calquera delicto por parte dalgún condutor sempre haberá testemulas.E, entre outras cousas, normalmente é máis divertido.

Se se circula en grupo é moi importante que quen o encabece avise ao resto de posibles obstáculos como pedras ou cristais ou baches ou bichos mortos, porque os ciclistas que circulan detrás poden non percatarse e cataplúm!

Por último cómpre indicar que por moi numeroso que sexa o grupo que formemos non se debe "tomar" a estrada aproveitando a protección do pelotón. Débese circular en fila india ou en fila de a dous.

3- Circulación en paralelo

Aquí hai división de opinións. Hai quen pensa que é mellor ir en fila india para estar menos exposto ao contacto dos vehículos que adiantan. Hai quen opina que, circulando en paralelo, @s ciclistas obrigan o condutor /a a frear e a non adiantar até que non veña ninguén polo sentido contrario. En calquera caso, circula como mellor te sintas.

Se circulas en fila india, ten coidado ao dar os relevos.

Antes de dar un relevo, asegúrate de que non se achega ningún vehículo por detrás, porque podería ocorrer o que pasa no debuxo:

Os dous rectanguliños vermellos representan a un/unha ciclista que releva a otro/a. O rectángulo amarelo é ese conductor ao que tanto lle molesta que haxa ciclistas na estrada, e que non está disposto a frear nin a pisar a raia continua para adiantalos. Se o relevo se produce cando o/a condutor/a está demasiado perto dos ciclistas, é moi probable que leve por diante ao que releva. A situación agrávase se o arcén é mínimo ou inexistente.


4- Respecta o código de circulación

Recorda que es un vehículo máis e que polo teu ben e polo dos demais debes respectar os sinais, os semáforos, etc. Deuse algún caso de ciclistas multados por saltar un semáforo ou un paso de peóns

5. Fóra coñas nos descensos

Canto maior sexa a velocidade maior é a posibilidade de accidente e máis forte o impacto. Ollo coas curvas costa abaixo, son do máis perigoso. E non te deixes guiar polas orellas! Descendendo o aire impide oír a presenza dos vehículos.

6- Sinaliza ben todas as manobras que vaias realizar

Especialmente nos xiros á esquerda e nas rotondas.

E sinaliza cos brazos todos os teus movementos!!!


7- Non circules detrás de ningún vehículo lento

Existe o risco de que free de súpeto e non che dea tempo a reaccionar, ou que haxa obstáculos no chan e non nos poidas ver.


.

8 Asegúrate de que os peóns se deron conta da túa presenza

Unha persoa que non se deu conta de que te achegas é imprevisible, pode cruzarse no momento máis inoportuno provocando graves consecuencias tanto para ela como para ti. Con frear suavemente e dicir "¡Coidado!" ou "Atencion ás persoas humanas!" ou "Aí vou!" ou "Oeeeeuuuuuuu!" soe bastar.

9- Extrema as precaucións cando oias un camión por detrás

10- Vixia o estado da túa bicicleta antes de cada saída

Convén revisala periodicamente, xa que moitas averías foron causa de accidentes. Son moit@s @s ciclistas que non coidan este tema. Exemplos hainos:

-Ter a cadea oxidada: pode partir ou saír xusto cando vas pedaleando de pé.

-Levar frouxos os freos: podes tomar unha curva sen que soubeses da avería, e botarte fóra da estrada.

-Non ter ben axustada a roda dianteira: nun fochanco pódeche saír.

-Levar pouco inflada algunha roda: podes derrapar nalgunha curva.

-Levar frouxo o manillar: pode non responder nalgunha curva.

11- Vai documentad@

12. Leva as ferramentas adecuadas

Levando un kit básico de ferramentas reduces ao mínimo o risco de quedar embarcado en metade da estrada por unha avaría. As ferramentas máis frecuentes son: dúas cámaras, desmontadores de cuberta, bomba de inflado, algunhas chaves fixas e chave allen, e opcionalmente un tronchacadeas, chave inglesa e chave para radios.

Aínda levando todas estas ferramentas é recomendable levar teléfono móbil. Apagado, por suposto.

13- Non soltes as mans do manillar


15- Sé visible: para que te vexcan, vai con roupa rechamante

16- Bótalle unha man ao resto de ciclistas

17- Non sobrepases os límites do teu corpo

Entre Óscar Peireiro e ti hai moitas diferencias. Mais a principàl é que el é un ciclista profesional e adestra duramente todos os dias. Non abuses do teu corpo. Pasarse co esforzo pode provocar lesións, accidentes, e enfermidades. Controla.