segunda-feira, novembro 05, 2007
quarta-feira, outubro 31, 2007
Primeira Ruta 2007/2008: A Piloño
sexta-feira, fevereiro 02, 2007
Ruta polo encoro de Portodemouros e Toiriz
Unha ruta bonita bonita.
Baixamos ao pantano de Portodemouros e subimos por Val e Toiriz.
Case 30 quilómetros de sube e baixa, un rompepernas que nos fixo baixar da bici a máis de un. Éche o que hai.
Desta volta fomos oito -non veu ningunha rapaza, mágoa- , e hai que darlle un aplauso a Óscar, o profe de tecnoloxía, por aghuantar o tirón.
Un aplauso para David Radmunsen Vilariño por tirar costa arriba como un can rabioso.
Un aplauso a Adrián por levarnos por esta ruta que nunca esqueceremos, verdade Nacho?
E un aplauso para toda a xente que chegou coa lingua de fóra.
E para Estevan, o abusón.
segunda-feira, janeiro 08, 2007
Subida á Madanela
A nosa segunda saída foi toda unha escalada ao Tourmalet.
A subida á Mádanela, cun desnivel de 15 por momentos, foi como un rosario de almas en pena.
Mimadriña!
Valeu a pena, iso si, chegar ao alto e desde o miradoiro da capela, o posto de vixiancia do servizo antiincendios, ollar a paisaxe da redonda. Chegamos a albiscar ao lonxe mesmo as chemineas de Meirama, máis alá de Ordes.
Unha ruta curta pero dura.
A cousa está en ir collendo forma e pouco a pouco ir rodando un pouco máis.
Esteban dixo que vai preparar el o próximo percorrido. A ver onde nos leva!
terça-feira, dezembro 05, 2006
Os Resentidos e Alvaro Pino
E un ghichiño en Noia díxome con paranoia que Álvaro Pino comprou unha Vespino.
Uhú, ahá, quedeime sen parar.
A homenaxe popeira d´Os resentidos ao ciclista de Ponteareas.
Dálle Aquí!
segunda-feira, dezembro 04, 2006
Indurain pasando a Amstrong
Despois de Óscar Pereiro, o mellor ciclista da historia. Aquí está facendo unha das súas:
Clícalle aquí
Vamos chavalote, vamos!
Aquí está o vídeo do Chavalote, ese ciclista descoñecido que, segundo parece, é de aquí ao lado, de Lalín e xa é famoso no youtube.com. Clica aqui
terça-feira, outubro 10, 2006
Precaución, colega!
CONSELLOS ÚTILES PARA ANDAR EN BICICLETA 1- Usa sempre casco O casco absorbe grande parte dos impactos na cabeza. Convén aguantar con el posto mesmo nos días de calor. Non é certo que co casco aumente a posibilidade de que os homes se queden calvos. E aínda que fose certo, é mellor ficar calvo que chimparse de cabeza contra o asfalto e romper a cabeciña..
2. PROCURA SAÍR EN GRUPO |
Ten moitas ventaxas saír en grupo: A primeira é que ante calquera accidente ou avaría podédesvos axudar entre vós. A segunda é que o condutor adoita ver mellor e respectar máis os grupos de ciclistas que ciclistas soltos.A terceira é que, ante calquera delicto por parte dalgún condutor sempre haberá testemulas.E, entre outras cousas, normalmente é máis divertido. Se se circula en grupo é moi importante que quen o encabece avise ao resto de posibles obstáculos como pedras ou cristais ou baches ou bichos mortos, porque os ciclistas que circulan detrás poden non percatarse e cataplúm! Por último cómpre indicar que por moi numeroso que sexa o grupo que formemos non se debe "tomar" a estrada aproveitando a protección do pelotón. Débese circular en fila india ou en fila de a dous. |
3- Circulación en paralelo Aquí hai división de opinións. Hai quen pensa que é mellor ir en fila india para estar menos exposto ao contacto dos vehículos que adiantan. Hai quen opina que, circulando en paralelo, @s ciclistas obrigan o condutor /a a frear e a non adiantar até que non veña ninguén polo sentido contrario. En calquera caso, circula como mellor te sintas.
|
4- Respecta o código de circulación Recorda que es un vehículo máis e que polo teu ben e polo dos demais debes respectar os sinais, os semáforos, etc. Deuse algún caso de ciclistas multados por saltar un semáforo ou un paso de peóns 5. Fóra coñas nos descensos Canto maior sexa a velocidade maior é a posibilidade de accidente e máis forte o impacto. Ollo coas curvas costa abaixo, son do máis perigoso. E non te deixes guiar polas orellas! Descendendo o aire impide oír a presenza dos vehículos. |
6- Sinaliza ben todas as manobras que vaias realizar Especialmente nos xiros á esquerda e nas rotondas. E sinaliza cos brazos todos os teus movementos!!! |
7- Non circules detrás de ningún vehículo lento Existe o risco de que free de súpeto e non che dea tempo a reaccionar, ou que haxa obstáculos no chan e non nos poidas ver. |
|
. |
8 Asegúrate de que os peóns se deron conta da túa presenza Unha persoa que non se deu conta de que te achegas é imprevisible, pode cruzarse no momento máis inoportuno provocando graves consecuencias tanto para ela como para ti. Con frear suavemente e dicir "¡Coidado!" ou "Atencion ás persoas humanas!" ou "Aí vou!" ou "Oeeeeuuuuuuu!" soe bastar. |
9- Extrema as precaucións cando oias un camión por detrás |
10- Vixia o estado da túa bicicleta antes de cada saída Convén revisala periodicamente, xa que moitas averías foron causa de accidentes. Son moit@s @s ciclistas que non coidan este tema. Exemplos hainos: -Ter a cadea oxidada: pode partir ou saír xusto cando vas pedaleando de pé. -Levar frouxos os freos: podes tomar unha curva sen que soubeses da avería, e botarte fóra da estrada. -Non ter ben axustada a roda dianteira: nun fochanco pódeche saír. -Levar pouco inflada algunha roda: podes derrapar nalgunha curva. -Levar frouxo o manillar: pode non responder nalgunha curva. |
11- Vai documentad@ 12. Leva as ferramentas adecuadas Levando un kit básico de ferramentas reduces ao mínimo o risco de quedar embarcado en metade da estrada por unha avaría. As ferramentas máis frecuentes son: dúas cámaras, desmontadores de cuberta, bomba de inflado, algunhas chaves fixas e chave allen, e opcionalmente un tronchacadeas, chave inglesa e chave para radios. Aínda levando todas estas ferramentas é recomendable levar teléfono móbil. Apagado, por suposto. |
13- Non soltes as mans do manillar |
15- Sé visible: para que te vexcan, vai con roupa rechamante |
16- Bótalle unha man ao resto de ciclistas |
17- Non sobrepases os límites do teu corpo Entre Óscar Peireiro e ti hai moitas diferencias. Mais a principàl é que el é un ciclista profesional e adestra duramente todos os dias. Non abuses do teu corpo. Pasarse co esforzo pode provocar lesións, accidentes, e enfermidades. Controla. |